A parada de producción de PSA Vigo e da venda de vehículos -preto dun 90%- fixo caer en picado as exportacións galegas en abril.
Ese mes, Galicia exportou mercadorías por valor de 772,5 millóns de euros, un 56,2% menos que en abril de 2019.
Dacordo cos datos do Instituto Galego de Estatística (IGE), a baixada é a segunda máis importante do Estado e está 17 puntos por riba do 39,3% de retroceso das exportacións españolas.