Os colectivos asinantes da campaña: “Nin RISGA, nin Ingreso Mínimo Vital, Renda Básica XA!” convocan concentracións simultáneas en A Coruña, Compostela e Vigo para este martes 23 de xuño.
En Vigo será ás 11:00h. diante da Delegación da Xunta, na rúa Concepción Arenal.
O motivo destas convocatorias e presentar a proposta para que a renda básica serva de base a unhas novas políticas sociais no país.
Inacción da Xunta
Estes colectivos subliñan que o ‘Estado de Alarma’ deixou en evidencia a inacción da Xunta, “algo que por desgraza viñamos padecendo de antes e que tras este perído quedou ao descuberto”.
Mentres, indican, “a desescalada acelérase e a máquina das eleccións ponse en marcha como si nada tivera pasado nestes meses”.
Ao seu xuízo, a políticas impulsadas en Galicia neste tempo son “minúsculas en comparación coa magnitude da crise sanitaria, económica e social que estamos a vivir”. Queda claro que non todas as vidas importan para o poder.