Galicia Vigo al minuto

O Concello abre o xoves o prazo para solicitar becas de libros e comedor

O prazo remata o 22 de xullo

O Concello de Vigo abrirá este xoves, día 25 de xuño, ata o 22 de xullo, a atención presencial para solicitar as becas de libros e comedor do curso 2020-2021.

Xa se pode pedir a cita previa, tanto chamando ao teléfono 010 como na web do Concello-www.vigo.org– para tramitar a solicitude. Está previsto que cinco postos preparados atendan a unhas 160 persoas diarias.

As solicitudestamén poden rexistrarse por internet, con certificado dixital, a través da ‘carpeta cidadá’.

3.255 becas de comedor en 2019

En 2019 houbo 4.192 solicitudes e concedéronse 3.255 becas de comedor e 1.356 de libros e material escolar cun importe de 1,35 millóns. Durante a pandemia o Concello adicou 391.500€ en axudas directas ás familias por este mesmo concepto.

También te puede interesar