A Deputación de Pontevedra vén de aprobar a contratación do servizo de formación para a segunda convocatoria de “Labora 2020”.
Carmela Silva salientou que “o emprego segue a ser unha das grandes preocupacións das administracións públicas” e lembrou que se trata dunha proposta financiada polo Fondo Social Europeo.
O orzamento deste segundo contrato é de case 2.,4 millóns, mentres que a inversión total do proxecto ascende a 5.
29 accións formativas
Con este segundo contrato do proxecto ‘Labora 2020’ preténdese desenvolver 29 accións formativas. As mesmas están incluídas en catro itinerarios de formación: atención sociosanitaria a persoas dependentes en institucións sociais; atenciónsociosanitaria a persoas no domicilio; docencia da formación profesional para emprego e xestión de chamadas de teleasistencia.
O obxetivo é que as persoas desempregadas máis vulnerable poidan ter a formación necesaria para “situacións e empregos que hoxe van ter unha enorme demanda”.
As accións formativas desenvolveranse ó longo do ano 2021 nos concellos de Cambados, Lalín, Moaña, Mos, Pontevedra, Vigo, O Porriño, Valga, A Guarda, Cangas e Vilagarcía.
435 persoas desempregadas
En total, 435 persoas sen emprego van poder participar nestes cursos, que serán presenciais e contarán con axudas para desprazamentos.
“Esta é a aposta da Deputación para favorecer a empregabilidade das persoas máis vulnerables”, sinalou a presidenta. Carmela Silva enumerou entre elas a maiores de 55 anos, persoas con diversidade funcional, migrantes, minorías étnicas e comunidades marxinadas.