O BNG levará esta semana ao Pleno da Corporación unha moción para instar a que se retire o busto do rei emérito Xoán Carlos I da entrada do Concello. Ademáis, o Bloque pedirá que se inicie o proceso para mudar o nome da ‘Praza do Rei’.
Xabier P. Igrexas, concelleiro do BNG, indica que os “comportamentos presuntamente corruptos e inmorais, como os que están a envolver ao rei emérito, merecen na nosa cidade o reproche e rexeitamento democrático”.
Para o BNG é inconcebibel, ademáis, que “en Pleno século XXI, a Xegatura do Estado poida seguir asumida por razón de nacemento”.
O concelleiro do Bloque, que tamén pide a retirada das imaxes de Xoán Carlos de Borbón de todos os edificios muncipais , asegura que 6 de cada 10 vigueses prefiren un modelo de estado republicano a unha “monarquía anacrónica”