Este verán, o Concello duplica o programa de reforzo educativo para escolares ampliando as clases tamén ao mes de agosto. Segundo adiantou o alcalde , a medída tómase considerando que a emerxencia sanitaria pode ter provocado unha necesidade maior nas familias vulnerables.
O Concello oferta 84 prazas para que o alumnado de entre 6 e 12 anos poida recuperar parte dos contidos que deixaran de aprender durante o curso escolar.
Servizos Sociais contactará coas familias do programa socio educativo de infancia e familia para a participación de nenas e nenos no reforzo educativo. As clases serán nos municipais de Teis, Rivera Atienza, Coia e o Casco Vello.