Docentes de distintos centros públicos de Galicia, de Primaria, Secundaria e Bacharelato, veñen de denunciar que seguen os recortes na Educación Pública.
Estos afectan tanto ao número de profesores como aos medios materiais de cada centro.
Este feito coincide co aumento do número de alumnos por aula, que no caso de institutos como o Politécnico de Vigo chegará ata os 32 estudantes.
Os profesores alertan de que, ademáis da importante carga de traballo, existe un “alto risco” de contaxio da Covid-19 dada a imposibilidade de asegurar a máis mínima distancia de seguridade.