O alcalde informou este luns de que o Concello aprobou a contratación das medidas de seguridade e hixiene nos parques da cidade.
356.776€ en tres meses
En principio serán 356.776€ os que se destinen os vindeiros tres meses a cumprir aos protocolos para manter abertos os parques infantís, biosaudables e as pistas deportivas.
34.500€ serán para cartelería informativa. Para a desinfección se gastarán 198.250€. Por último, o control de aforo, con vixiantes, con sete equipos motorizados, custará 123.000€.
“Todo o ano suporía un gasto de 1,5 millóns para cumprir os requirimentos sanitarios”, sinalou Abel Caballero