Segundo infroma a Consellería de Medio Rural, o incendio que se declarara na Pobra do Caramiñal a madrugada do sábado quedou extinguido este domingo.
O mesmo afecta á parroquia de Lesón e arrasou 47,29 hectáreas, delas 40 de monte arborado e 7,29 raso.
Na loita contra o lume participaron seis axentes, 14 brigadas, sete motobombas, unha pa, catro avións e sete helicópteros.