Ciencia y Tecnología Galicia

Dende este domingo o uso da máscara é obrigatorio en toda Galicia

Hai que levala en todo momento, tanto en espazos públicos abertos como pechados

Adiós a la mascarilla en exteriores, desde el próximo día 26

A partir deste domingo, 19 de xullo de 2020, entra en vigor unha nova norma relativa ao uso de máscara nos espazos públicos. O Goberno de Galicia establece a obriga do uso da máscara dacordo con esta orde.

Obriga xeral

Para as persoas de 6 ou máis anos de idade será obrigatorio o uso da máscara en todo momento. Esta obriga é tanto en espazos ao aire libre como en espazos pechados, aínda que se poida garantir a distancia de seguridade de 1,5 metros. Tamén será obrigatorio o uso de máscara, nos medios de transporte aéreo, marítimo, en autobús ou por ferrocarril.

Condicións de uso da máscara

A máscara debe cubrir desde o nariz ata o queixo, incluído e non deberá conter válvula para exhalar, agás nos usos profesionais para os cales este tipo de máscara poida estar recomendada. 

 Excepcións á obriga de uso da máscara.

Persoas que presenten algún tipo de enfermidade ou dificultade respiratoria que se poida ver agravada polo uso da máscara. Tamén aquelas que, pola súa situación de discapacidade ou dependencia, non dispoñan de autonomía para quitar a máscara. Tamén nos vehículos cando todas as persoas ocupantes convivan no mesmo domicilio. 

Praias e piscinas

Nas praias e piscinas, so se pode quitar a máscara durante o baño. Tamén mentres se permaneza nun espazo determinado, sen desprazarse, e sempre que se poida garantir o respecto da distancia de seguridade (1,5 m) entre persoas non conviventes. En calquera caso, será obrigatorio o uso de máscara para os accesos, desprazamentos e paseos nas praias e piscinas

Bares, terrazas e restaurantes

So se poderá sacar a máscara exclusivamente no momento específico do consumo. 

Exercicio individual

No caso de exercicio de deporte individual ao aire libre, podes sacarse a máscara durante a realización da práctica deportiva, sen máis excepcións. 

No caso de actividade física e deportiva en instalacións e centros deportivos, so naqueles casos nos que se poida garantir o mantemento da distancia de seguridade interpersoal en todo momento, exclusivamente durante a realización das ditas actividades.

Recomendación de levala en espazos privados

Nos espazos privados, abertos ou pechados, de uso privado, recoméndase o uso de máscara, no caso de reunións ou de posible confluencia de persoas non conviventes.

Acceso á norma completa no DOG Núm. 143 do sábado, 18 de xullo de 2020: https://bit.ly/2ZCGT5e.

También te puede interesar