A Xunta vén de incrementar as unidades de protección enviadas aos centros sociais que compoñen a área territorial de Vigo.
Na última semana enviáronse en conxunto 49.700 luvas, 34.739 máscaras e 238 batas. O material de protección e desinfección e limpeza chegou a 98 centros de atención a discapacidade, igualdade, inclusión, de maiores, menores e xuventude.
O total de unidades enviadas é de 85.277, incluindo pantallas e diversos produtos de limpeza e desinfección.
Con este último reparto, as unidades enviadas a un total de 164 centros sociais da áreade Vigo suman 1.136.036: trátase de 578.290 luvas, 473.814 máscaras e 21.346 batas.
Todos estes centros recibiron, asemade, pantallas de protección, gorros, calzas e diversos produtos de desinfección e limpeza.