Galicia

O persoal técnico de incendios forestais, en folga dende o vindeiro 1 de agosto

Aseguran que Medio Rural “nin se molestou” en convocar unha mesa de negociación

CIG, CCOO, CSIF e UGT cominican o inicio dunha folga indefinida do persoal técnico de incendios. Os sindicatos denuncian a “situación de bloqueo das negociacións” dun novo acordo por parte da Xunta.

As centrais cualifican de “irresponsable” a actitude da Consellería do Medio Rural. Aseguran que os seus representantes non enviaron proposta para acadar un acordo sobre as condicións laborais do persoal técnico de incendios. Ademáis, engaden, “nin se molestaron” en convocar unha mesa de negociación. Por iso, e ante a falla de intervención do Goberno de Galicia, “están a provocar que haxa unha folga indefinida en pleno mes de agosto”.

También te puede interesar