É a segunda vítima de hoxe nas estradas de Galicia
Leer másO Sergas publica as listas de selección temporal de persoal para varios postos
O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica este mércores a relación provisional coa orde de prelación e as puntuacións para varios postos no Sergas.
Son os de enxeñeiro técnico, facultativo especialista de área de Medicina do Traballo; facultativo especialista de área de Psicoloxía Clínica; farmacéutico de atención primaria; fisioterapeuta; grupo de xestión da función administrativa; grupo técnico da función administrativa; logopeda; médico asistencial do 061; médico coordinador do 061; odontólogo de atención primaria; técnico de grao medio en prevención de riscos laborais; técnico superior en prevención de riscos laborais; técnico especialista de sistemas e tecnoloxías da información; técnico de xestión de sistemas e tecnoloxías da información; técnico superior de sistemas e tecnoloxías da información;, terapeuta ocupacional e traballador social.
8.400 inscricións
En total, xeráronse un total de 8.410 inscricións, resultando só excluídas do proceso o 1,45% das solicitudes. A categoría con maior número de solicitudes é a de fisioterapeuta, con 1.377.
As listas provisonais atópanse publicadas, á disposición das persoas interesadas, na páxina web do Servizo Galego de Saúde (www.sergas.es), no apartado Emprego Público-Listaxes de persoal estatutario.
Ademais, o estado de cada solicitude pode ser consultado por cada aspirante no seu expediente electrónico persoal en Fides/expedient-e/sección de procesos.
Próximas publicacións
Está previsto que mañá, xoves 30 de xullo se publiquen as puntuacións provisionais das listas de: enfermeiro especialista en enfermería familiar e comunitaria e enfermeiro especialista en enfermería pediátrica. Ademáis das listas definitivas de enfermeiro, enfermeiro da Fundación Pública Urxencias Sanitarias de Galicia-061 e médico de urxencias hospitalarias.