Permite regresar a la AP-9 o entrar en Vigo, si el aparcamiento está completo
Leer más
@MananeRodríguez ‘Premio Pedrigree’ do @festivaldecans
Os ‘Chimpíns de Prata’ son para Mariana Fernández, Merchi Sánchez, Juan Creus e Covadonga Carrasco
A asamblea da Asociación Cultural Arela, entidade organizadora do Festival de Cans, acordou conceder a distinción de Honra do certamen o Premio Pedigree, á directora Manane Rodríguez.
É a primeira vez que un festival de cine en Galicia recoñece a longa traxectoria desta realizadora que naceu en en Uruguay e reside en Galicia desde hai varias décadas.
Chimpíns de prata
Na XVII edición do Festival de Cans, que será lugar do 2 ao 5 de setembro, concederanse tamén os chimpíns de prata. A distinción sinala ás persoas que destacan por promover a visilibidade do festival e pola súa colaboración co evento. Nesta edición os Chimpíns de Prata Pepe Puime irán para a actriz e profesora Mariana Fernández e para a coordinadora médica do Festival de Cans Merchi Sánchez. A relación de distincións completarase co Chimpín de Prata Divina Campos, para os arquitectos Juan Creus e Covadonga Carrasco.
Manane Rodríguez
Varias mulleres recibiran antes que Manane Rodríguez a máxima distinción de Cans, pero ata o momento, ningunha delas directora. Nada en Montevideo, en 1994 crea na Coruña a produtora Xamalú Filmes. O Festival de Cans valoro especialmente o logro de Manane Rodríguez de sacar adiante catro películas de ficción, un fito inédito en Galicia para unha directora muller, e un número aínda inalcanzable para a maioría das mulleres cineastas en España.
A asemblea da Asociación Arela valora así mesmo “a traxectoria desta cineasta comprometida e valente , cunha obra caracterizada polo rescate da memoria e cun irrenunciable compromiso feminista tamén como activista da asociación CIMA de mulleres realizadoras, premiando un cine honesto e necesario”.
Coma directora, Rodríguez asinou cintas coma “Retrato de una mujer con hombre al fondo”, “Los pasos perdidos”, ou a galego-uruguaia “Migas de Pan” (2016), que logro representoar ao país sudamericano nos Oscar.