O festival de música ‘Todo queda na casa 2020’, organizado polo Concello de Mondariz contará con tres grupos de música locais.
Un grupo de música tradicional de Galicia, ‘O Son do río’, será o primeiro en tocar, o sábado 8 de agosto ás 23:00h. na Praza de España. Na súa actuación presentará o seu primeiro traballo discográfico, ‘De raíz’.
‘Todo queda na casa’ é a alternativa cultural ás populares verbenas das Festas Patronais da Virxe da Pena de Francia e San Roque (suspendidas este ano por mor da COVID-19).