O Castelo de Santiago Aitona, (declarado como Ben de Interese Cultural -BIC- de Galicia) é unha fortificación abaluartada realizada en terra e situada no lugar do Casal. O mesmo, segundo denuncia a Asociación Lazoiro, “atópase nun estado de abandono por parte da Administración e sen ningún tipo de sinalización”.
Lazoiro leva anos solicitando a súa sinalización e mesmo formalizou fai uns meses unha queixa perante a Dirección Xeral de Patrimonio da Xunta, “que fixo caso omiso das nosas advertencias”.
Traballos con maquinaria pesada
Esta semana tívose coñecemento a realización de obras de grandes dimensións con maquinaria pesada que afecta ao BIC, trátanse de movemento de terras, talas de árbores e levantamento dun muro de grandes dimensións.
A asociación lamenta, unha vez máis, o “abandono por parte de Patrimonio e do Concello de Salvaterra do Castelo de Santiago Aitona, que podería ser usado para fomentar o turismo e posta en valor do noso patrimonio”.