'Qué te cuentas?' Ciencia y Tecnología

Activos tres incendios en Galicia con máis de 300 hectáreas queimadas

Os lumes afectan a Cercedo-Cotobade, A Mezquita e Carnota

O incendio que se declarou este domingo na parroauia de Augasantas, no concello de Cerdedo-Cotobade, segue activo e arasou xa máis de 50 hectáreas.

Segundo a información facilitada por Medio Rural, na zona están a traballar un técnico, seis axentes, 11 brigadas, 11 motobombas e dúas pas.

A Mezquita

O lume que empezara no concello ourensán de A Mezquita o sábado pola tarde está controlado logo de queimar 240 hectáreas. Para loitar contra as lapas mobilizáronse 13 axentes, 30 brigadas, 14 motobombas, tres pas, 12 avións e 9 helicópteros.

Carnota

Polo que se refire ao incendio que empezara o domingo pola mañá na parroquia do Pindo , en Carnota, segue controlado dende onte pola tarde. A superficie queimada é de 70 hectáreas, dacordo coas primeiras estimacións.

También te puede interesar