O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica este martes ás puntuacións definitivas obtidas polos aspirantes presentados en cada un dos exercicios da fase de oposición dos procesos selectivos para o ingreso nas categorías de: médico de familia, pediatra e odontólogo de atención primaria, fisioterapeuta, técnico en coidados auxiliares de enfemería, persoal de servizos xerais e enfermeiro especialista das especialidades de enfermería de saúde mental, do traballo, familiar e comunitaria, obstétrico-xinecolóxica e pediátrica, que se realizaron entre os meses de febreiro e marzo deste ano.
1.492 prazas
Ofértanse 1.492 prazas para un total de 11 categorías, das que 254 son de médicos de familia. Superaron a fase de oposición 4.953 aspirantes.
Con esta publicación declárase finalizada a fase de oposición para o acceso á condición de persoal estatutario fixo destas categorías.
Próximas actuacións
Está previsto que proximamente se publiquen as puntuacións provisionais da fase de concurso destes procesos.