A Consellería e Sanidade, decidiu este venres establecer medidas restritivas no concello coruñés de Laxe, e nos concellos pontevedreses de Lalín, A Guarda, O Rosal, Vilabaoa e Poio. A medida tomouse logo da reunión do Subcómite clínico de expertos que se encarga de revisar a situación epidemiolóxica en Galicia.
Limitación de aforos nos bares e comercios ao 50%
Entres as medidas que terán que adoptar estes concellos destacan a limitación dos aforos ao 50% nos establecementos comerciais, de restauración e hostalería -onde ademais estará prohibido o consumo en barra-, así como en bibliotecas, academias, autoescolas e centros privados de ensino non regrado entre outros.
Tamén se establece a limitación do número máximo de persoas nas xuntanzas tanto privadas como na vía pública fixado nun máximo de 10 persoas; así como a redución dos aforos en celebracións, velorios e lugares de culto.
Dende as 00:00h.
O Diario Oficial de Galicia publicará estas medidas esta tarde e entrarán en vigor desde ás 00:00 horas. A posible ampliación ou redución deste conxunto de medidas será revisado no prazo máximo dunha semana.
Vodas, bautizos e comunións
Cómpre destacar que, no caso de celebracións como vodas, bautizos e comuñóns, non poderán superar o 50 % do aforo: o número máximo será de 50 persoas para lugares pechados e de 100 persoas no caso de celebrarse en espazos ao aire libre. Este apartado da norma non entrará en vigor até o vindeiro luns.
A intención de Sanidade é poder actuar de xeito más selectivo e con maior rapidez ante a aparición de casos nunha zona concreta. É por isto que, fronte ás medidas adoptadas para toda Galicia dende o principio da pandemia, procura agora acoutar ao máximo a expansión do virus.