Cinco dos sete lumes que seguen activos este domingo en Galicia-con temperaturas que se achegan en varios lugares aos 40 graos- están na provincia de Ourense. Todos eles aínda sen control, segundo informa Medio Rural.
A Gudiña
Máis de 100 hectáreas arederon xa no concello de A Gudiña dende última hora do sábado. As lapas prenderon con tal forza que chegaron ata estrada A-52 na que tivo que deterse o tráfico -que xa está restablecido-.
Vilar de Barrio
Outras 100 hectáreas son as que arrasou o fogo na parroquia de Rebordechau, no concello de Bilar de Barrios. O lume comezara o sábado ao mediodía. Na zona traballan 22 brigadas, 12 avións, 10 motobombas, 9 helicópteros, 7 axentes e dúas pas.
Laza
Neste concello as chamas, que comezaron na parroquia de Camba, xa queimaron 40 hectáreas dende as 8 e media da tarde do sábado.
Vilariño de Conso
O lume comezara pasadas as 2 da mañá deste domingo, na parroquia de Sabuguido e seguen sen control logo de queimar máis de 20 hectáreas.
Quiroga e Cuntis
Os outros dous incendios están xa controlados-non apagados– son os da parroquia de Hospital, no concello lucense de Quiroga, que empezará o venres e que está controlado dende onte. Queimou 53 hectáreas, 34 delas de monte arborado.
O segundo é o da parroquia de Cerqueril, en Cuntis, no que, dende o sábado, o lume arrasou máis de 25 hectáreas.