Galicia Vigo al minuto

A Xunta impón restricións en Marín e Silleda para deter o avance da Covid

Limítanse os aforos de lugares pechados e restaurantes, tamén de terrazas e bodas, bautizos e velorios

O Goberno de Galicia vén de decidir, seguindo o consello do Comité Técnico que aconsella ao presidente, impoñer medidas de restrición en máis concellos para deter o avance da Covid-19.

En Marín e Silleda, os dous concellos de Pontevedra, quedan limitadas as reunións a un máximo de 10 persoas; redúcense ao 50% os aforos dos lugares pechados e restaurantes; as terrazas so poderán ocupar un 75% da súa capacidade e queda limitado o número de asistentes a bodas, bautizos, velorios e cultos relixiosos.

Tamén seguen as restriccións, xa vixentes, en áreas de Santiago, Ourense e Lugo, sinalou o conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña.

García Comesaña engadiu que ante a “tendencia estable” na Área da Coruña, a Xunta levanta as limitación actuais nos concellos de Laxe, Ponteceseo, A Laracha, e Carballo.

También te puede interesar