O segundo trimestres deste ano, presentáronse en Galicia 872 demandas de ruptura matrimonial fronte ás 1.471 de 2019. Isto supón unha diminución do 40,7 %.No Estado rexistrouse unha baixada do 42,1 %.
Segundo os datos feitos públicos hoxe polo Consello Xeral do Poder Xudicial, o segundo trimestre do ano foi o máis afectado polo ‘Estado de Alarma.
Dacordo cos mesmos datos, diminuíron os divorcios consensuados (de 840 a 503, un 40,1 %) e non consensuados (de 576 a 339, un 41,1 %). En relación coas separacións consensuadas, pasaron de 39 a 17 no segundo trimestre do ano; as non consensuadas baixaron de 16 a 13, un 18,8 % menos. Neste período non se rexistrou ningunha petición de nulidade matrimonial.
Garda e custodia, alimentos, modificación de medidas
No segundo trimestre do ano tamén se produciu un descenso interanual dos procedementos de garda, custodia e alimentos, así como dos de modificación de medidas.
Entre o 1 de abril e o 30 de xuño iniciáronse 89 procedementos de modificación de medidas consensuadas, un 49,1 % menos. As demandas de modificación de medidas non consensuadas pasaron de 477 a 323, un 32,3 % menos.
En canto aos procedementos de garda, custodia e alimentos de fillos non matrimoniais, rexistráronse 175 demandas de modificación de medidas consensuadas, fronte ás 264 do segundo trimestre de 2019, o que supón un descenso do 33,7 %;, En total, presentáronse 207 demandas de modificación de medidas non consensuadas (356 o ano pasado), o que representa unha baixada interanual do 41,9 %.