Profesionais do 061 asistiron durante a fin de semana a 76 persoas debido a 63 accidentes de tráfico. Os mesmos ocorreron entre as 3 da tarde do venres, día 25, e as 12 menos un minuto da noite do pasado domingo.
A Central de Coordinación do 061 recibiu nestes días 83 chamadas en relación con estes sucesos.
Os recursos sanitarios mobilizados 061 foron 77. As ambulancias asistenciais de soporte vital avanzado asistiron en 3 accidentes; helicóptero medicalizado asistiu nun; as ambulancias asistenciais de soporte vital básico mobilizáronse en 64 e os equipos sanitarios de Atención Primaria, que completan a dotación das ambulancias asistenciais prestaron asistencia sanitaria en 5 accidentes. As ambulancias convencionais asistiron en 4 ocasións.
En 58 casos os feridos foron trasladados aos centros sanitarios correspondentes; en 17 ocasións atendeuse no propio lugar do incidente e unha persoa morreu no punto do sinistro.