Cultura Vigo al minuto

A cidade premia as súas Viguesas e Vigueses Distinguidos

Será o sábado, 3 de outubro, no Auditorio Mar de Vigo

As oposicións de Enfermaría para o SERGAS serán o domingo día 25 de xullo

O Concello entregará os Premios Vigueses Distinguidos e a Medalla de Ouro da cidade o sábado, 3 de outubro, no Auditorio Mar de Vigo. Ante a previsión de choiva para ese día o escenario do acto pasou dos xardíns do Pazo Quiñones de León ao Auditorio.

Trátase dun espazo con capacidade para 1.600 persoas, ao que só poderán acceder 400 -unha redución do 25% do aforo- para garantir a separación total e tódalas medidas anti- Covid.

Viguesas e Vigueses Distinguidos

Os premios Viguesas e Vigueses Distinguidos serán para Julio Picatoste Bobillo, Carlota Corredera Llauger, Iván Álvarez Faginas -policía nacional ferido en Barcelona-, Club Peña Trevinca, Alejandro Gómez Cabral, Solidariedade Galega co Pobo Saharauí, Corpo da Policía Nacional, Autonómica e Local, Garda Civil e Protección Civil e, no eido educativo, reciben o galardón 16 centros por cumprir cincuenta ou máis anos de docencia na cidade.

Medalla de Ouro de Vigo

A Medalla de Ouro será para as e os Profesionais Sanitarios de la ciudad en recoñecemento ao seu traballo durante a pandemia.

Te podría interesar