Galicia Vigo al minuto

Marea de Vigo esixe que os fondos do Concello liberados polo Goberno sexan para a recuperación da cidade

O Concello pode axudar aos sectores máis perxudicados pola crise da Covid-19

Marea de Vigo insta a Abel Caballero a que “de xeito urxente comece a executar investimento para a recuperación da economía da cidade”.

O voceiro de Marea pide esta medida logo de que o Goberno deixasen sen efecto os criterios de estabilidade,a aplicación da regra de gasto, e a obrigatoriedade de investir o superávit na débeda.

Non era necesario o decreto pactado polo Goberno do Estado e FEMP

Rubén Pérez subliña que quedou demostrado que “non era necesario o criterio de incautación que marcaba o Ministerio de Facenda na súa proposta de acordo coa FEMP”. Simplemente, engade, “coa interpretación da regra de gasto para estes dous exercicios era posible facer políticas de investimentos”.

Como reflicten os vídeos dos Plenos, “Abel Caballero sempre negou esta posibilidade”, algo que desminte o Goberno coa súa decisión.

Agora o Concello pode implementar políticas de axuda aos sectores máis perxudicados pola crise da Covid-19. “Para obter este resultado – prosigue Rubén Pérez – , era innecesario o ridículo feito polos grupos políticos na FEMP durante os últimos seis meses”.

Te podría interesar