Comarcas

A ‘XV Festa do Tinto das Rías Baixas’, o vindeiro día 12 nas Neves

O formato deste ano estará adaptado á ‘realidade Covid’

A celebración este ano da XV Festa do Tinto Rías Baixas, en As Neves, non seguirá o formato dos anos pasados. O COVID-19 fixo necesario adaptar a súa forma a esta nova realidade.

A xa tradicional festa deixará paso, o vindeiro luns, 12 de outubro, a un acto de promoción deste produto. Será nas instalacións da carpa do Hotel Nande, entre as 12:00 e as 15:00 h.

Haberá un espazo de exposición e degustación de viños, nomeadamente tintos, de toda a denominación de orixe, e estará musicado pola Banda de Música Popular de Rubiós e o solista Juan Lois Diéguez.

Ás 13:00 h desenvolverase a parte oficial do día, con intervencións de profesionais vinculados a estes viños dentro da Denominación de Orixe Rías Baixas, e representantes do Concello.

Será de aplicación o ‘Protocolo COVID’ en todo o recinto, con aforo limitado. Por iso, será necesario realizar a reserva previa de prazas entrando en bit.ly/festatinto.

También te puede interesar