Nigrán constata a reducción da presenza de vespa velutina na comarca. O concelleiro de Sanidade retirou, persoalmente, máis de 500 niños nos últimos tres anos e repartir gratuítamente 1.200 trampas entre a veciñanza.
En 2018 a súa concellalía retirou 270 niños; no 2019 foron 175 e neste ano lévanse 81 (nos vindeiros días, eliminaranse unha ducia máis, sendo 93 a totalidade dos que se teñen notificado ata a data).
“Constatamos unha reducción de niños porque levamos xa 6 anos desde o Concello enriba desta plaga”, sinala Alfonso Vázquez. O concelleiro subliño que “non recibimos ningunha axuda de Xunta e, aunque eles teñen esta competencia a través do SEAGA, non podemos cruzarnos de brazos ante a súa lentitude e inacción”.
Vázquez chegou a contabilizar durante a primavera 2.000 raíñas atrapadas en só 8 das súas trampas. “Cada raiña é un futuro niño”, indica o edil. Neste sentido, lembra que as trampas deben colocarse a partires de marzo, “é o líquido atraínte, aínda que tamén o regalamos, pódese fabricar caseiramente con 1 litro de viño tinto, 1 litro de cervexa e 1 quilo de sucre pechado nun bote hermético”.
Niños a 25 metros de altitude
O Concello de Nigrán adquiríu no 2017 unha pértiga que permite bombear veleno aos niños situados ata a 25 metros de altitude. Trátase dun elemento de traballo indispensable para Alfonso Vázquez e o voluntario Jesús Barros. Cando estes niños están situados a unha altura superior ou preto dun acuífero, empréganse petardos autorizados que o destrúen por completo. “En xeral é preferible optar por petardos nesta época porque garanten mellor a destrución total de todos os exemplares do niño”, engade.
Máis velutinas en Camos
A parroquia de Camos, polas súas condicións, é a que máis niños rexistra no concello. No que vai de ano sacáronse alí 17 niños; 15 en San Pedro, 14 en Panxón, 12 en Nigrán, 11 en Parada e Priegue e 2 en Chandebrito.
“As condicións de humidade e de abrigo en Camos fan que sexa a parroquia onde sempre atopamos máis niños, a velutina busca eses lugares”, incide.