O conselleiro de Sanidade pediu este mércores ás veciñas e veciños de Ourense que “non sain das súas zonas”. Julio García Comesaña salientou que deste xeito evitaranse medidas “máis drásticas” para deter o aumento de contaxios por COVID-19.
Ourense capital cuadriplica a taxa de casos por 100.000 habitantes
No que se refiere a Ourense capital, que supera os 100.000 veciños, segundo a directora xeral de Saúde Pública, nos últimos tres días rexistrou 138 novos casos de Covid-19 e un total de 439 en 14 días.
Esto supón que a taxa acumulada no concello sitúase en 254,7 casos por 100.000 habitantes en unha semana e en más de 417 en dúas. “É entre catro e cinco veces máis” da media do conxunto de Galicia.