Abel Caballero visitou este mércores ‘Galicia Nai e Señora’, o comercio solidario que vén de inaugurar na rúa Progreso Maite Isla, presidenta da asociación Solidariedade Galega co Pobo Saharaui.
Un proxecto por e para mulleres
‘Galicia Nai e Señora’, deseña elabora e vende máscaras e uniformes sanitarios homologados e da traballo a 30 costureiras. Todas elas forman parte do grupo de máis de 300 voluntarias que, ao principio da pandemia, coseron máis de 7.000 batas, 200.000 máscaras en días de escaseza e en condicións especialmete difíciles.
Como comentou Maite Isla ao alcalde, ‘Galicia Nai e Señora’ é un proxecto por e para mulleres. “Moitas tiñan dificultade para integrarse no mercado laboral, pola súa idade ou por estar ao coidado de familiares e agora realizan unha labor excelente”.
Triple garantía sanitaria
Como soñeceu Abel Caballero, todos os artigos de ‘Galicia Nai e Señora’ están feitos a man e poden personalizarse e adaptarse a cada persoa.
Maite Isla lembrou que como produtos que teñen que protexer a saúde, contan cunha triple garantía e tanto o seu deseño como os materiais están homologados, certificados e supervisados polo Servizo de Medicina preventiva.
Dúas tendas e vendas on line
A tenda de Vigo é a segunda coa que conta a firma, logo da que ten en Ponteareas. Abriuse en plena crise sanitaria o cal representou un reto e, ademáis de atender clientes e pedidos de manera física, tamén o fai ‘on line’, nos seus perfís de Facebook e Instagram.
Viguesa Distinguida
O alcalde comentou que Maite Isla recolleu o sábado o premio ‘Viguesa Distinguida‘ polo labor de Solidariedade Galega co Pobo Saharahuí durante 25 anos. Caballero lembrou que, neste tempo logrou que 7.000 familias abriran as súas casas a máis de 9.000 menores por medio do programa ‘Vacacións en paz’.