Este mércores pasado foille notificado ao Concello a confirmación dun novo caso positivo de COVID-19 nas Neves.
“Nos últimos dez días estase a dar na vila unha tendencia ascendente no número de contaxios que, aínda que non fai que esteamos nunha situación de gravidade sí fai convinte que, como decidiu o Goberno Municipal nunha reunión de urxencia, aprazar a celebración da Festa do Tinto das Rías Baixas, programada para o vindeiro luns, día 12 de outubro”.