Ciencia y Tecnología Galicia

O sábado empeza a funcionar a App galega ‘PassCOVID’

Complementará á App española RadarCOVID con datos sobre Galicia

Desde este sábado, día 17, estará en funcionamento a aplicación ‘PassCOVID’, posta en marcha pola Xunta. Trátase dunha canle de contacto telemático cos cidadáns para facilitar a xestión da andemia e complementará á ‘app’ estatal ‘RadarCOVID’.

A ‘PassCOVID’ ofrecerá información actualizada da situación da pandemia en Galicia, dando a posibilidade de entrar en calquera concello que lle e consultar as restricións que haxa, en tempo real e tamén comunicará sobre as alertas de Sanidade sobre o COVID.

‘Rastreador’

Se unha persoa ten COVID-19 ou estivo en contacto estreito cunha persoa contaxidada, poderá alertar a través da App aos seus contactos. Do mesmo xeito, poderá rexistrar, mediante un código QR, os establecementos onde estivo.

También te puede interesar