Comarcas

Primeiro libro sobre a historia das Neves

Recolla o que aconteceu naquelas terras dende a chegada do primeiro asentamento humano a Porto Maior ata os nosos días

Dentro da Liña 2 do Plan Concellos, da Deputación de Pontevedra, destinada a actividades, o Concello das Neves incluíu este ano a realización dun libro sobre a historia do seu territorio.

“Será o primeiro libro que recolla o que aconteceu nas nosas terras dende a chegada do primeiro asentamento humano a Porto Maior ata os nosos días”.

A semana pasada tivo lugar no Concello a primeira reunión de coordinación da concelleira de Cultura co equipo de redacción. Este grupo estará integrado por Eduardo Méndez (arqueólogo da Universidade de Vigo que dirixe o proxecto de investigación do xacemento de Porto Maior), Adolfo Fernández (historiador da Universidade de Vigo especialista na Idade Antiga), Xosé Lois Vidal (Instituto de Estudos Miñoranos), Lucía García Gil (Graduada en Historia especialista na Idade Moderna, e veciña das Neves), Xosé Ramón Paz Antón (historiador especialista na Idade Contemporánea) e Manuel Álvarez Rodríguez (veciño das Neves,
investigador autodidacta da historia das Neves).

También te puede interesar