O Goberno Local aprobou este luns a convocatoria das bolsas municipais para o curso 2020-2021 que ascenden a 4.211 axudas e un importe total de 1.270.000€.
1.181 bolsas serán para libros e material escolar por un importe superior aos 100.000€, sinalou o alcalde. Comezarán a entregarse esta semana, xa que as familias deben presentar a documentación nas dependencias municipais mediante cita previa.
En canto ás axudas de comedor, concédense 3.030 bolsas por un importe de 1.170.000€.
Abel Caballero explicou tamén que o Concello ten previsto que no caso de que o alumnado beneficiario das bolsas de comedor sexa positivo por COVID-19 e non poida acudir ao centro ou no caso de que o centro teña que pechar, aboaráse a cantidade correspondente de forma directa ás familias.