Comarcas

Tui pecha varias instalacións municipais logo de entrar en ‘alerta vermella’ por COVID

Son todas de carácter deportivo e cultural, coa salvidade da Biblioteca e do Teatro,

Tui entrou este mércores en ‘alerta vermella’ por COVID 19 segundo o mapa da Xunta. Ante esta situación o Concello acordou o e peche das
instalacións municipais de carácter deportivo e cultural
, coa salvidade da Biblioteca e do Teatro, e dos pavillóns onde se celebren competicións federadas e actividades escolares.

Abertos os parques infantís

Mantéñense abertos os parques infantís, ao ser espazos ao aire libre que se desinfectan periodicamente, e este xoves terá lugar o mercado semanal coas medidas de seguridade establecidas dende que retomou a actividade.

Amais dende o Concello, tal e coma acordaban onte á tarde na Xunta de Voceiros, recomendan aos centros culturais privados, xestionados por asociacións, a suspensión de calquera tipo de actividade nos mesmos.

O alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, indica que “cómpre ser extremadamente cautos” xa máis aló do número concreto de casos positivos que hai neste momento, un total de 32, hai un número de veciños e veciñas de Tui en corentena.

Cabaleriro subliña que a adopción destas medidas ten por obxectivo “restrinxir a mobilidade nos ámbitos de carácter público” agardando que “estas medidas axuden a paliar a gravidade da situación”.


También te puede interesar