O BNG interpelou ao Goberno local, polo motivo de que non se empregasen 1.969.000€ do superávit de 2019.
Xabier P. Igrexas, concelleiro do Bloque asegurou “non comprender a razón pola que non se bota man destes recursos extraordinarios”. “Nun contexto de tantas as necesidades na cidade derivadas da pandemia do coronavirus, o que cómpre é precisamente utilizar todos os recursos e capacidades das que dispón o Concello”, argumentou.
Para Igrexas o feito de ter “ociosos” preto de 2 millóns, cando hai uns días o alcalde decidía fechar a metade dos parques infantís alegando o elevado custo da súa desinfección, só se debe “á falla de vontade política e de capacidade de xestión” do Goberno local.
Malia contar coa presenza do concelleiro de Facenda, Jaime Aneiros, na comisión informativa o Goberno local non deu resposta a esta cuestión.