Ventos de máis de 130 km/h-como no concello lucense de Viveiro- e choivas de 109 litros por metros cadado-en Santa Comba-. Ese é o resumo do paso do temporal por Galicia esta madrugada pasada.
Segundo informa MeteoGalicia, en Muras o vento chegou ao 127,5 km/h, a 125 en Carballeria de Valdeorras, 125 e a 115 km/h hora en Cedeira.
Este sábado tamén foi un día de moita choiva, cos indicados 109,7 litros por metro cadrado en Santa Comba, 85,5 en Lousame ou 67,6 en Fornelos de Montes.
Galicia segue en ‘aviso amarelo’ na costa por ventos fortes e chuvascos que serán máis habituais esta tarde. A situación no mar é “moi mala” con ondas de 5-6 metros.