A Asociación Veciñal de Teis, vén de convocar un ‘acto denuncia’, este mércores 28 de outubro ás 10.30 horas, na praza do Rei. O mesmo coincidirá co Pleno do Concello e servirá para esixir a mellora dos pasos elevados na autoestrada AP-9 en Teis, especialmente no camiño da Xorxa e da Trapa.
