Segundo os datos do Servizo Galego de Saude –que podes consultar premendo aquí– 50 concellos galegos están en ‘alerta 3, vermella’ pola incidencia da COVID-19. Son seis máis en so 24 horas.
Entre eles diguran as sete cidades galegas- A Coruña, Lugo, Ourense, Pontevedra, Santiago Ferrol e Vigo-, pechadas perimetralmente dende o venres.
Na provincia de Pontevedra están en ‘alerta vermella’, ademáis de Vigo e Pontevedra, Nigrán, O Porriño, Redondela, Mos, Cangas, Moaña, Tui, Salvaterra, Ponteareas, Soutomaior, Tomiño, A Estrada, Silleda, Vilagarcía, Ribadumia, Cambados, O Grove, A Cañiza e A Garda.
No caso destes concellos este nivel de alerta supón que se detectaron máis de 21 casos de COVID-19 noe últimos sete días.
No caso das cidades, dependendo da súa poboación, supón, no caso de Ferrol máis de 76 casos nunha semana; Pontevedra , máis de 96; Santiago e Lugo, máis de 112; Ourense, máis de 120; A Coruña más de 276 casos á semana por cada 100.000 habitantes e no de Vigo máis de 332.