112 Galicia vén de informar da morte dun traballador logo de caer dunha torre de alta tensión no concello de Outes. Un compañeiro da vítima, coa que realizaba labores de mantemento, resultou ferido de consideración.
De inmediato foi alertado o 061 que mobilizou un helicóptero medicalizado, ademáis de efectivos do GES de Muros, axentes da Garda Civil e Policía Local, voluntarios de Protección Civil de Outes e de Mazaricos e persoal da empresa subministradora de electricidade.