O Concello do Rosal “aposta por unha cultura na que se priorice a saúde das persoas”. Por iso, debido á actual situación epidemiolóxica, o Concello optou por reinventar e adaptar á nova realidade o concerto que a artista Sés dará este venres 13 de novembro no Auditorio Municipal (20.00 h).
A artista dará un concerto en vivo para un aforo reducido e vía streaming en aberto para o resto do público.
Para evitar a mobilidade xeográfica, as entradas sortearanse entre as persoas empadroadas no Rosal que tiñan a súa entrada reservada para o concerto que se ía celebrar o pasado mes de outubro e que tivera que adiarse por motivos de saúde da cantareira.