A Xunta vén de presentar o proxecto para investir 1,6 millóns de
euros na ampliación do cauce do río Lagares no polígono do Caramuxo, en Vigo. O mesmo ten coma finalidade reducir o risco de inundacións e o seu impacto nas industrial.
A conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, Ethel Vázquez, xunto coa delegada territorial da Xunta en Vigo, Marta Fernández-Tapias, abordou o Plan coa directiva de Asime e as empresas instaladas no polígono do
Caramuxo.
Darlle máis ancho ao canle do río
Vázquez trasladoulles que a Xunta lle remitiu hoxe mesmo ao Concello de Vigo o proxecto. A intervención céntrase en anchear a canle do Lagares ao longo dun treito de 815 metros do río neste ámbito, elevando a súa capacidade e reducindo o risco de asolagamento.
Trátase de manter nas condicións actuais a liña inferior da sección transversal do río e formar unha pendente tendida nas liñas superiores para aumentar a capacidade do leito.