Comarcas

O Rosal saca a licitación as obras do ecoparque Campo Novo, en Viso dos Eidos

contempla a remodelación da zona empregando técnicas naturais e tradicionais e incorporando especies autóctonas

O Concello do Rosal vén de aprobar o inicio da licitación das obras do ecoparque Campo Novo, en Viso dos Eidos. As mesmas facilitarán a transformación da zona nun espazo de convivencia para a veciñanza e que servirá para poñer en valor o patrimonio etnográfico que hai nesa contorna.

Este proxecto, redactado pola arquitecta María Fandiño, contempla a remodelación da zona empregando técnicas naturais e tradicionais e incorporando especies autóctonas relacionadas coa auga dada a importancia que este elemento ten na zona. O período previsto de execución é de tres meses.

Para a creación deste ecoparque contarase cun orzamento total de 93.000€ financiados polo Plan Concellos da Deputación de Pontevedra e con fondos propios do Concello.

También te puede interesar