A Deputación de Pontevedra non aplicará na corporación provincial a suba
salarial prevista para o ano 2021.
O deputado Carlos Font comunicou este mércores que o Goberno provincial
retirará das bases do orzamento 2021 o paragrafo no que aparece que as
retribucións da corporación variarán en función do que determinen os
orzamentos xerais do Estado.
Denuncia do Partido Popular
A medida anúnciase apenas 24 horas despois de que o Partido Popular de Pontevedra denunciara que os soldos da presidenta, Carmela Silva pasaría de 74.000 a 77.000€ anuais, e o do resto dos deputados con dedicación aumentasen un 4,5%.
Os populares, ademáis, aseguraron que o número desas dedicacións aumentaba de 14 a 16.
“Mentirosos compulsivos“
O propio Carlos López Font desmentira ese aumento, acusando ao Partido Popular de ter coma sinal de identidade a “mentira compulsiva” e de cualificar de “falacias” as declaracións dos seus responsábeis.
Os populares difunden documentos que recollen a suba de soldos
A última hora de este martes, deputados provinciais do Partido Popular difundiron uns documentos que, aseguraban, demostraban a intención dos membros do Goberno da Deputación de subir as súas retribucións o vindeiro ano…algo que, finalmente, non se fará.