Comarcas

Rouban as cordas mariñeiras que estaban a compoñer o peche das dunas de Praia América

A Policía Local investiga o feito

O Concello de Nigrán investiga a través da Policía Local o roubo das cordas mariñeiras que se estaban a poñer actualmente no peche perimetral das dunas de Praia América-Panxón.

Este traballo forma parte do proxecto ‘Recuperando o litoral. Accións de mellora patrimonial e ambiental de Praia América e Panxón’. O mesmo estaba subvencionado polo GALP con 45.000 €.

Tamén inclúe a instalación dun observatorio de aves, varandas, ramplas accesibles ou roteiros de sensibilización e traballos de voluntariado.

A empresa contratada ía rematar este venres a colocación de todas as cordas que, en conxunto, sumaban 100 metros liñeais.

O roubo, que se pode apreciar nos cortes nas ataduras dos postes, aconteceu menos dunha semana despois de que se instalase o primeiro tramo.

Precisamente, como elemento salientable e innovador deste proxecto figuraba o emprego no cercado de sogas mariñeiras grosas para vincular a contorna coa actividade produtiva de Panxón e, ao mesmo tempo, facer fincapé no principio de sostibilidade ambiental.

También te puede interesar