Este venres, a Asociación Veciñal de Teis, convocou unha concentración diante das dependencias da Subdelegación do Goberno en Vigo, para esixir a mellora dos pasos elevados na autoestrada AP-9 en Teis, especialmente no camiño da Xorxa e da Trapa.
“Levamos anos esixindo ao Ministerio de Transporte, Mobilidade e Axenda Urbana uns pasos elevados seguros na autoestrada AP-9, que impidan a incomunicación en Teis”.
O pasado 17 de novembro, está Asociación dirixiuse ao Concello solicitando que se dirixa ao Ministerio de Transporte solicitando a mellora dos pasos.
Debe ser o Concello o que solicite esta mellora ao Goberno
Está Asociación, mantivo a pasada semana unha conversa coa Demarcación de Estradas do Estado en Galicia, na que se nós indicou que debía ser o Concello de Vigo, como responsábel destes camiños, integrados no viario municipal, quen solicitará o reforzo da estrutura destes pasos elevados, para o Ministerio actuará.