Galicia

COVID: o Goberno de Galicia anuncia a compra de 3 millóns de test antíxenos

Tamén aprobará a obriga legal de quedar na casa en caso de contaxio

O presidente do Goberno galego anunciou este mércores a adquisición de 3 millóns de test de antíxenos, para seguir realizando cribados con maior frecuencia nas residencias e en calquera outro lugar onde se precise.

En resposta ás preguntas dos grupos no Pleno da Cámara, o presidente Feijóo garantiu que a Xunta seguirá empregando todos os instrumentos ao seu alcance para loitar contra a pandemia.

Obriga legal de quedar na casa para as persoas afectadas polo COVID

Na mesma resposta, Feijóo subliñou que “Galicia é a única comunidade que está lexislando de forma específica para xestionar esta e calquera outra
pandemia que poida suceder nas vindeiras décadas”.

O presidente referíase á reforma da Lei de Saúde de Galicia. A mesma establecerá que unha persoa infectada por coronavirus ten a obriga legal de manterse no seu domicilio durante 10 días. Ademáis, unha persoa en contacto estreito dun positivo, terá a obriga de estar corentenado durante 14 días, no seu domicilio.

También te puede interesar