O brote de coronavirus detectado na residencia de maiores Vila do Conde, en Gondomar, afecta a 105 persoas, segundo confirman fontes de Sanidade.
A principo desta semana confirmáranse 23 casos-22 residentes e un traballador. Logo de facer probas ao resto dos usuarios e da plantilla confirmouse que os contaxiados eran 89 anciáns e 16 traballadores.