Cristóbal López e Xaquín Pastoriza | Ecoloxistas en Acción Vigo
“As cidades teñen a capacidade
de proporcionar algo
para todo o mundo,
só porque, e só cando,
créanse para todo o mundo”.
[Jane Jacobs]
As navidades en Vigo veñen máis adiantadas que a primaveira no Corte Inglés. O alcalde de Vigo marca o tercer solsticio do ano prendendo a millonaria luminaria que galona a cidade desde que miramos por enriba do hombreiro aos neoiorquinos. Prende as luces, apágase Vigo e aparece a Disney olívica. A cidade convértese nun esceario no que a vida cotía queda relegada a mera figurante e os seus problemas agochados trás o escotillón.
Os cronistas ensalzarán o ciclorama e o arlequín, a pantomima volverá ser celebrada, desta vez sen multitudes e por streaming, pero non mencionarán que sucede tras bastidores, non reseñarán a realidade tras os focos. Para o cidadán de a pé será unha escenificación da súa cidade como parque temático que pouco ten que ver coa súa vida, coas súas inquedanzas e desexos.
Vigo parecerá estar no mapa das cidades importantes pero non se mencionará que si resalta no mapa é porque encabeza as estadísticas de atropelos, de polución no aire, de contaminación da ría.
“A cidade, a súa história, a súa indiosincracia, o seu valor símbolico creámolo colectivamente ao longo de xeracións de vigueses e viguesas”
-As luces son unha anécdota no consumo enerxético da cidade -escúsanse. Sí, certo, unha anécdota dentro da vasta inmensidade de atentados contra o clima que se suceden. Unha anécdota sí, pero unha anécdota tendenciosa, unha lóa ao consumo e despilfarro.
Vigo está aínda lonxe do nivel de caricaturización das metropoles turísticas europeas, pero na última decada “progresa adecuadamente”. Co goberno municipal como principal tramoista a cidade convertese nun gran esceario onde a vida do cidadán de a pé se mercantiliza para consumo turístico, incluso co absurdo de que este ano a pandemia impedirá que se acaden as cifras doutros anos.
A cidade, a súa história, a súa indiosincracia, o seu valor símbolico creámolo colectivamente ao longo de xeracións de vigueses e viguesas. Cando a nosa creación converteuse nunha mercadoría coa que trafican as turoperadoras. Os turistas consómena, sábemolo ben polos prexuizos que causan, pero o que descoñecemos é como se reparten os beneficios desta
explotación entre toda a sociedade.
Unha explotación que facilitamos e contribuimos. En España o investimento público directo para o sector do turismo ascende ao 0,9% do PIB. Para decatarnos do excesivo do gasto so temos que comparalo co gasto en educación, un 4,22% ou en sanidade, un 5,8%.
“O monocultivo turístico conleva unha vulnerabilidade extrema da economía e os territorios“
Sempre haberá alguén que xustifique este gasto polo retorno á sociedade. Rebusquemos a ver se atopamos algo máis que traballo precario e mal pagado como moeda de cambio. Unhas condicións de precariedade e explotación que se agraváron a cotas insospeitadas, nas que a saúde das traballadoras ponse en serio perigo. O sector turístico implementa unha división por xénero da forza laboral no que as mulleres, a pesar de ter o traballo central do sector son discriminadas cos peores salarios e condicións. As reformas laborais da última crise non fixeron máis que agravar esta situación. Cando claman que o turismo é “fonte de riqueza” preguntémonos riqueza para quen.
Cando noa sinalan Torrevieja, Benidorm, Lloret de Mar ou ou Canarias como paradigmas do turismo calan que os municipios máis pobres dos territorios nos que o turismo ten máis peso son precisamente aqueles nos que o sector turístico saturou o 100 % da súa economía.
A mala distribución dos beneficios do turismo vese ben reflectida na situación do arquipélago canario que é a segunda comunidade autónoma con máis pobreza do país, estando a metade da táboa en nivel de renda bruta media,
Non é doado vencer ao infuxo dun turismo fetichizado, pero as ecoloxistas somos insistentes por necesidade a pesar de que nos tilden de turismofóbicas. Informe trás informe recalcamos que o monocultivo turístico conleva unha vulnerabilidade extrema da economía
e os territorios.
As cidades cunha economía baseada no turismo quedan expostas aos caprichas das modas do mercado turístico ou as crises económicas ou sanitarias como a que estamos a sufrir. A falta de diversificación anula a capacidade de resilencia fronte a calquera eventualidade.
Cando nos volvan a anunciar fachendosos os millóns de visitantes que acoden a nosa cidade inmediatamente cuantifiquemos as toneladas de residuos que nos deixan e a contaminación que provocan, pensemos no consumo masivo dos nosos recursos propios – auga e territorio – e a privación do dereito a un medio ambiente san á que nos someten.
Durante os últimos anos, a gaceta local anunciabanos a arribada dos cruceiros como se deles desembacaran ouro e prata do Potosí. Este turismo banal por excelencia e dun luxo pretencioso é uns dos maiores focos de contaminación atmosférica, terrestre e mariña coñecidos. Todos os nosos esforzos por unha mobilidade peonil e a consecuente reducción
de gases de efecto invernadero se ven reducidos a nada cando esas xigantescas chimeneas se adueñan da cidade.
“As luces de Nadal alumearán unha Praza da Constitución deserta, un esquelete de pedra sen ecos de pasos, por moitos millóns que vexan o espectáculo por YouTube“
Da cidade e da nosa ría, porque o medio marño e quen se leva a peor parte: alteración dos ecosistemas bentónicos, redución da calidade das augas, impactos sobre as praderías mariñas, acumulación de residuos no fondo mariño, en praias e en suspensión, efectos negativos nos organismos mariños. Causan mortalidade nos cetáceos por colisións e alteran o comportamento de peces e mamíferos por causa do ruído e as vibracións. Sen esquecer que a deficiente xestión das augas grises e negras das embarcacións contamina as augas e as eutrofizan, introducen especies invasoras a través dos residuos alterando a estrutura e composición das comunidades autóctonas.
Escoitaremos ao sector e aos políticos que o amparan repetir unha e outra vez as palabras máxicas “turismo sostible”, pero hai que facer moi ancha a palabra sostible para que estos binomios “turismo sostible” ou “desenvolvemento sostible” non sexan un oxímoron.
O turismo como suposto maná ve estes días de pandemia como a galiña dos ovos de ouro ten as patas moi cortas. As restriccións aos desprazamentos e caída brutal no números de viaxeiros provocaron que se rasguen as vestiduras naqueles lugares onde proliferou o monocultivo turístico, con hoteis, bares, comercios, axencias de viaxes e touroperadores baixando a persiana definitivamente.
A crise económica da que só estamos a ver os inicios contraerá o volume do negocio turístico, e as cidades escaparate que se alimentaron del veranse obrigadas a diversificar as súas actividades para poder sobrevivir.
O casco Vello de Vigo, sometido a unha importante xentrificación, que priorizou usos relacionados coa hostelaría e o turismo, quedou baleiro coas restriccións da Covi19. As luces de Nadal alumearán unha Praza da Constitución deserta, un esquelete de pedra sen ecos de pasos, por moitos millóns que vexan o espectáculo por YouTube. Un metáfora perfecta de que as luces tamén traen tebras e o que o show ten pouco que ver coa
realidade.