Galicia

Galicia estará ‘pechada’ entre este venres e o vindeiro mércores

A Xunta decide ‘blindar’ a Comunidade durante a ponte

A Xunta comunicou ao Goberno do Estado que procederá a ‘pechar perimetralmente’ toda Galicia durante a próxima ponte, concretamente dende as 00:00h. de mañá venres, día 4, e as 00:00h. do vindeiro mércores, 9 de decembro.

Entre esas horas non se poderá sair da Comunidade, a non ser en casos excepcionais, como por traballo ou para recibir atención médica.

O presidente Feijóo explicou que o obxectivo é evitar o risco que os desprazamentos poden supoñer para o aumento dos contaxios por COVID-19. Por iso, pediu públicamente ás galegas e galegos, que evien viaxar eses días.

También te puede interesar