A Dirección Xeral de Emerxencias da Xunta vén de activar a ‘alerta laranxa’ por temporal en toda a costa galega a partir da tarde deste luns.
Segundo a previsión da Axencia Estatal de Meteoroloxía (AEMET), haberá un ‘fenómeno meteorolóxico adverso’, que empezará ás primeiras horas da tarde.
O mesmo deixará ventos desde o noroeste de forza sete ou oito, mar combinado e ondas de até seis metros.